ConcellosÚltima hora

O Concello de Vilamartín estrea páxina web

Imaxe da páxina de inicio da web do Concello de Vilamartín.
Imaxe da páxina de inicio da web do Concello de Vilamartín.

Normativa, datos sobre o concello, os servizos, a composición da Corporación municipal ou novas. Son algúns dos contidos que se inclúen na nova páxina web que o Concello de Vilamartín vén de poñer en marcha: www.vilamartindevaldeorras.es.

“Dende esta páxina ademais de contar aos veciños o funcionamento do concello nos diferentes apartados, tamén irán subindo información do traballo do día a día que se está a facer neste concello. A información actualizada poderá verse no menú de inicio da propia web”, explican dende este Concello.

Asemade co fin de “mellorar a comunicación cos veciños” vén de poñerse en marcha o correo electrónico preguntalleaolalcade@vilamartindevaldeorras.es “para que todos aqueles que o desexen lle poidan enviar cuestións ao
rexedor, Enrique Álvarez Barreiro e ao seu grupo de goberno”.

Artigos relacionados

Back to top button