ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

O Concello do Barco adianta o inicio do segundo semestre da programación cultural no Teatro Lauro Olmo

Contará con 16 eventos entre setembro e decembro e o cine comercial arrancará o 29 de setembro con "Campeonex"

 

Co adianto ao mes de setembro, concretamente o venres día 29, como principal novidade, se presenta a carteleira de cine comercial do Barco de Valdeorras. “Como levamos dúas tempadas nas que os meses de abril e maio son moi baixos en canto a público, o que fixemos é adiantar, de decembro a setembro o inicio da programación; tamén porque este verán houbo moitas estreas potentes”.

 

 

Así o explicaba a concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta, na presentación que facía na mañá deste ventes 22 de setembro. “Como en todas as carteleiras, temos filmes de primeiro nivel e van mesturados coa programación do Cine Club Groucho Marx”, dixo Marga, animando á xente á acudir ao cine porque “os eventos non teñen sentido sen público”.

A programación de cine que arrancará o venres 29 de setembro coa proxección de Campeonex e que incluirá títulos como La Monja ou Barbie, vén acompañada cunha completa e potente programación cultural no Teatro Lauro Olmo que incluirá 16 eventos entre os meses de setembro e decembro e que “creo que serán do agrado do público do Barco”, di a concelleira responsable da programación teatral ata que se cubra a praza que dixou Gustavo Docampo trala súa xubilación, recoñecendo que inviste moitas horas visualizando e vendo reaccións do público “polo que penso que van funcionar”, asegura, destacando que hai un pouco de todo.

 

A concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta.

 

Música, teatro, monólogo e representacións para público infantil e xuvenil. Neste último caso e como novidade, as funcións escolares serán de mañá (12 horas) e gratuítos coa condición de levar alimentos baixo o lema “Cultura por alimentos”. Serán o 29 de setembro, A nena que vivía nunha caixa de mistos de Caramuxo Teatro; e o 5 de outubro, Iphixenia na porta do súper de Compañía Humana, co alumnado da vila como público porque, “o que nos interesa é ir facendo canteira, crear público que lle colla gusto ao teatro e que a demande para seguir tengo unha programación de calidade regular o Teatro Lauro Olmo, para nós o Olimpo da cultura”.

Entre os eventos destacados están o concerto teatralizado de Camerata Lírica, Las bodas de fígaro; os actos do Día da Muller Rural ou a maxia Stand up Magic de David Burgueño.

 

 

A concelleira adianta que sacarán un díptico-tríptico con toda a programación e que están traballando na elabaoración dun abono por semestre de cara ao ano que vén, porque a idea é subir os prezos. “Levamos moitos anos cos 5 e 3 euros e xa é hora se subirlos. A cultura hai que dignificala e por conseguinte, pagala”.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button