ConcellosO BarcoÚltima hora

O Concello do Barco decide manter a Carreira do Turrón, que ten 700 inscritos

Considera que "se trata dunha actividade ao aire libre para a que non existen, polo de agora, impedimentos por parte das autoridades sanitarias"

Praza do Concello do Barco./ Foto: A.R.

 

O Concello do Barco vén de informar de que máis de 700 persoas se inscribiron, ata esta mañá, na Carreira do Turrón que está previsto que se celebre mañá no Barco de Valdeorras, organizada pola Concellería de Deportes.

O Concello do Barco di que se mantén a actividade pese á situación sanitaria actual “dado que se trata dunha actividade ao aire libre para a que non existen, polo de agora, impedimentos por parte das autoridades sanitarias. Non obstante, e para garantir a seguridade da veciñanza, a organización solicita aos participantes que usen a máscara en todo momento, e que se manteñan distancias de seguridade entre persoas non conviventes”.

A organización di que “porá en marcha unha serie de medidas para garantir a seguridade sanitaria dos participantes. Entre elas, o uso de carrís de circulación para os participantes, e a realización do sorteo dos premios desde o inicio da carreira para evitar logo esperas e aglomeracións. A chocolatada servirase en vasos térmicos pechados, para que non se produza contactos entre os que acudan á convocatoria. O Concello solicita aos participantes o cumprimento destas medidas, dada a delicada situación que se está a sofrir nestes momentos. Ao tratarse dunha actividade ao aire libre, non hai impedimentos para a súa celebración. Lémbrase que a carreira suspendeuse o ano pasado pola situación epidemiolóxica”.

Artigos relacionados

Back to top button