ConcellosO BarcoÚltima hora

O Concello do Barco estrea unha páxina web “máis moderna e sinxela”

Estará operativa ao longo deste martes no novo dominio www.concellodobarco.gal

 

Durante este martes 24 de novembro estará operativa a nova páxina web do Concello do Barco. Mantén o dominio (http://www.concellodobarco.gal/) pero renova a súa distribución e presentación de contidos. “Hai xa un ano que pretendíamos renovar a páxina web. Neste verán sufrimos un ataque informático que afectou non só ao Barco, senón a moitos concellos, e ese foi o momento no que decidimos darlle xa un impulso definitivo á nova páxina, na que tivemos que meter novamente todo o material que había”, explica o alcalde barquense, Alfredo García.

Nada máis acceder á páxina, salta un aviso para solicitar previa. Premendo do cadro pode xa solicitarse, de maneira moi doada, cita para acudir ao Concello ou ben seguir visitando a páxina. Nela inclúense tamén novas, así como unha serie de áreas temáticas (coas diferentes concellerías do Barco), ademais de apartados relativos á turismo e festas, e mesmo un directorio cos teléfonos de contacto e direccións dos diferentes departamentos municipais. O alcalde tamén matizaba que se incorporarán novos contidos (como as ordenanzas municipais) e apartados.

 

 

Trátase dunha web “máis moderna, máis intituitiva, limpa e sinxela e manexar. Permite acceder maneira máis fácil á información. A partir do uso que vaia facendo dela, entendo que a xente iranos aportando opinións que tamén permitirán mellorala”, resalta o rexedor.

A páxina está en galego, pero tamén dá opción á tradución en castelán. Ademais ten versión para teléfono móbil, dá acceso directo ás redes sociais desta administración local. Será tamén a través desta páxina como se porá en marcha o proxect de tarxetas da campaña de apoio ao comercio e á hostalaría que está a ultimar a Concellería de Comercio barquense.

Artigos relacionados

Back to top button