OurenseÚltima hora

O Concello do Barco, na reunión do Eixo Atlántico sobre a situación demográfica da Eurorrexión

Reunión do Eixo Atlántico na Deputación de Ounrense.

 

Nos últimos anos, o Eixo Atlántico vén impulsando un conxunto de informes sobre a situación demográfica da Eurorrexión, Galicia – Norte de Portugal. “Esta situación afecta o despoboamento e ao auxe de incendios en zonas nas que o monte non está coidado ao non vivir ninguén, como se puido observar este verán. O contexto demográfico afecta tamén á falta de peso político derivado do menor número de deputados no referente a Galicia”, explican dende o Eixo, adiantando que estes informes deron paso á elaboración dun plan de combate contra a crise demográfica baixo o formato dunha axenda movilizadora nos territorios de baixa densidade da Eurorrexión.

As liñas mestras deste traballo, dirixido por María José Rodríguez Galdo, Catedrática de Historia e Institucións Económicas e, desde 2009, directora do Centro de Estudos Avanzados (CEA) da USC, eran  debatidas na mañá deste mércores 7 de setembro polos responsables políticos dos municipios máis despoboados do Eixo Atlántico para “garantir a necesaria adecuación entre o documento que se está elaborando e as necesidades reais dos territorios e das persoas que viven neles”.

 

Asistentes á reunión.

 

Segundo o Eixo Atlántico, prevese a finalización deste traballo a inicios de 2023 para que as súas propostas poidan ser integradas con apoio dos próximos fondos europeos, tanto de cooperación como de desenvolvemento rexional. Á reunión, celebrada na sala de xuntas da Deputación de Ourense, asistían o alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García e o concelleiro de Turismo, Eladio Santos; Pablo Rivera Capón, Deputado da Deputación de Lugo; José Juan Cerdeira, Director da área de Benestar na Deputación de Ourense; Rosendo Luís Fernández, Vicepresidente Primeiro de Deputación de Ourense; e Aclamación Correia, Vereador da Cámara Municipal de Mirandela; así como o Secretario Xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, e a autora do informe e experta en demografía, María José Rodríguez Galdo.

Artigos relacionados

Back to top button