O Concello do Barco vén de facer público que o seu Servizo de Urbanismo está a traballar nun proxecto de reforma da zona da Praza Maior-Porto da Barco, na zona vella da vila. Neste senso a iniciativa do Concello inclúe tres actuacións principais: un estudo arqueolóxico do Porto da Barca, o descubrimento da fonte situada baixo a praza e a apertura desta praza ao río Sil “cunha escalinata descanso e elementos complementarios para espectáculos, charlas ou contemplación”.
Tamén se indica que dende o Concello do Barco están abertos a “críticas e suxestións da cidadanía no correo arquitecto@concellodobarco.org“.
No entorno da praza Maior barquense veñen de colocarse duos paneis explicativos deste proxecto,