ConcellosO BarcoÚltima hora

O Concello do Barco promove un curso de formación en instalación de mobles

Terá unha duración de 628 horas lectivas e permitirá obter o certificado de profesionalidade de nivel 2

Exterior da Casa Consistorial do Barco./ Foto: A.R.

 

O Concello do Barco ten aberto o prazo para a inscrición nun curso de formación de instalación de mobles, con certificado de profesionalidade de nivel 2. Está dirixido prioritariamente a persoas desempregadas. Trátase dun curso gratuíto, subvencionado pola Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Emprego.

Esta acción formativa dispón de 15 prazas, e ten previsto comezar o 29 deste mes de novembro e rematar o 6 de xuño de 2022, cun total de 628 horas lectivas. As clases impartiranse de luns a venres, de 16 horas a 21 horas.

“Os alumnos deben ter a ESO ou estudos superiores, ou estar en posesión das competencias clave de nivel 2 de matemáticas, galego e lingua castelá. Preferiblemente, os interesados teñen que estar desempregados”, tal e como informa o Concello do Barco.

As persoas que estean interesadas en realizar esta formación poden acudir ao edificio do Concello Vello do Barco (Praza do Concello, 1), onde se lles facilitará todo tipo de información ó respecto, ou acudir directamente á Oficina de Emprego do Barco, para demandar o curso.

Artigos relacionados

Back to top button