ConcellosO BarcoÚltima hora

O Concello do Barco publica as bases para a creación dunha bolsa de arquitecto técnico como funcionario interino

Praza do Concello do Barco./ Foto: A.R.

 

O Concello do Barco vén de aprobar as bases e a convocatoria para a creación dunha bolsa para posibles chamamentos de arquitectos técnicos como funcionarios interinos. As persoas que desexen participar no proceso de selección presentarán solicitude, respectando o modelo do anexo I das bases, coa documentación esixida, dirixida ao alcalde do Concello, polos medios establecidos nas propias bases, no prazo de sete días hábiles contados a partir da publicación do anuncio na sección de transparencia da sede electrónica e no taboleiro de edictos electrónico deste Concello.

Os aspirantes deberán posuír o título académico de Arquitecto Técnico ou Grao en Arquitectura técnica, así como cumprir co resto de requisitos esixidos polas bases. As solicitudes presentaranse preferentemente no rexistro xeral electrónico do Concello do Barco de Valdeorras (situado na sede electrónica do Concello) ou nas oficinas do Rexistro (no edificio Multiusos, na Praza do Concello, 2, e conta co horario de 09:00 a 14:00 en días hábiles).

As bases, no enlace:

https://drive.google.com/file/d/1IcOLRWY0Vnyu2Y3TVtJtU1BxnN8wzKCP/view?usp=drivesdk

Artigos relacionados

Back to top button