ConcellosO BarcoÚltima hora

O Concello do Barco rescindirá o contrato á empresa das obras da rúa Eloy Mira e volverá sacalas a concurso

Así o adiantaba o alcalde do Barco no pleno de outubro en resposta a unha pregunta do BNG

 

As obras de renovación integral das redes de abastecemento de sumidoiros da rúa Eloi Mira do Barco e de renovación de pavimento comezaban a finais de xuño, cun prazo de execución de tres meses e un orzamento de 76.000 euros. Pero en agosto parábanse e dende entón non se retomaron, cos consecuentes trastornos que isto supón para a veciñanza e tamén a efectos do tráfico na zona, xa que esa rúa está cortada.

Sobre esta cuestión preguntáballe ao alcalde o grupo municipal do BNG, a través do seu concelleiro Manuel Agra, na sesión plenaria deste mes de outubro, celebrada o día 5. A resposta do alcalde, Alfredo García, era que o día anterior a este pleno tivo unha reunión “coa empresa para dicirlle que isto estaba rematado, que no último escrito que presentaron se lle dera un mes de prazo para terminar as obras. Ao día seguinte de que se cumpra ese prazo, que é neste mes pero non recordo a data exacta, nós iniciaremos, se non empeza as obras de forma fehaciente, o expediente de rescisión de contrato. Quedaron en que nos ían contestar e así o fixeron, presentaron un escrito dicindo que queren a rescisión de mutuo acordo. Xa lle deixamos claro que non estabamos nese momento e que nós iniciaremos a rescisión a instancia do Concello o día que poidamos facelo, porque temos que cumprir os prazos, e volveremos a sacar o concurso a obra”.

O alcalde apuntaba así mesmo que “volver a sacalar a concurso levará tempo, polo tanto, onde se quitou cemento, hai que botalo para que o día que chova non lles pase auga ás adegas, e iso farao o Concello”.

Artigos relacionados

Back to top button