ConcellosO BarcoÚltima hora

O Concello do Barco saca a concurso a obra de abastecemento, saneamento e pavimentación nos Nidos

Exterior da Casa Consistorial do Barco./ Foto: A.R.

 

Dado o deficiente estado de conservación do entorno dos Nidos, cunhas beirarrúas con ancho insuficiente segundo a actual normativa de accesibilidade, así como cun pavimento en mal estado, entre outras deficiencias, o Concello do Barco de Valdeorras saca a concurso unha obra que mellorará o abastecemento, o saneamento e a pavimentación da urbanización, cun presuposto estimado de 149.880.000 euros IVE incluído.

O prazo de execución que como orientativo se considera suficiente, segundo a memoria do proxecto, é de 3 meses.

As condicións da licitación desta obra pode consultarse no seguinte enlace: https://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?N=802732&OR=204&ID=801&S=C&lang=gl

A través da plataforma electrónica, os interesados poden presentar as súas ofertas ata o 26 de agosto.

Artigos relacionados

Back to top button