ConcellosO BarcoÚltima hora

O Concello do Barco, un dos edificios do Camiño de Inverno iluminados neste Nadal

As igrexas de Nosa Señora de Fátima e Santo Estevo, na Rúa, tamén forman parte da iniciativa "Acende o Caiño de Santiago" que arranca hoxe

Concello do Barco de Valdeorras./ Foto: A.R.

 

Na tarde deste mércores 20 de decembro, o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, inauguraba na Igrexa de Santiago Apóstolo de Padrón Acende o Camiño de Santiago, a iniciativa coa que a Xunta de Galicia iluminará este Nadal ata o 8 de xaneiro de xeito especial medio cento de monumentos e edificios emblemáticos do Camiño de Santiago. Están situados nas catro provincias e dan continuidade ao programa que se levou a cabo durante os anos anos.

Deste xeito, ademais da Igrexa de Santiago Apóstolo en Padrón, na provincia da A Coruña, tamén se iluminarán distintos monumentos do Camiño Portugués, Francés, Inglés, de Fisterra e Muxía e da Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla. O Camiño Primitivo, de Inverno e o Norte, ademais do Francés, tamén contarán con algúns dos seus monumentos máis emblemáticos iluminados ao seu paso pola provincia de Lugo.

 

Igrexa de Nosa Señora de Fátima.

 

Na provincia de Ourense iluminaranse varios edificios da Vía da Prata e do Camiño de Inverno como o Concello de O Barco de Valdeorras, a Igrexa de San Martiño de A Gudiña, o Parador Castelo de Monterrei, a Catedral de Ourense, e as igrexas de Santo Estevo e da Nosa Señora de Fátima na Rúa.

O camino Portugués e o Portugués da Costa, xunto coa Vía da Prata e a Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla tamén terán monumentos iluminados na provincia de Pontevedra.

A iniciativa Acende o Camiño de Santiago enmárcase nas distintas accións que ten en marcha Turismo de Galicia nestas datas co seu produto de promoción Nadal en Galicia, que aglutina diferentes propostas que se celebran nas catro provincias e convida aos galegos e visitantes a coñecer o destino tamén en Nadal poñendo así en valor o seu potencial turístico.

 

Artigos relacionados

Back to top button