ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O Concello, o CCA e o C.D. Barco únense para promocionar o fútbol entre os máis pequenos

O presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, asistía á presentación do proxecto “Escola de Valores”

Despois do éxito do ano pasado, o Centro de Deportes Barco vén de presentar unha nova edición da campaña “Escola de Valores” coa que pretenden fomentar o fúbtol entre os máis pequenos de toda a comarca e máis aló, por iso este ano chegarán ata Viana do Bolo e Castro Caldelas. “Nas categorías base do C.D. Barco hai nenos de toda a comarca, unha pequena selección de todas as escolas que había antes noutros concellos e desgraciadamente desapareceron”, dixo Nilo, explicando que se repartirán unhas 3.000 entradas para que os nenos e tamén os pais que os acompañen, podan asistir de balde ao partido C.D. Barco-CD As Pontes que se disputará en Calabagueiros o 5 de marzo ás 17h.

A campaña conta coa colaboración do Centro Comercial Aberto O Barco (os comercios asociados repartirán entradas), o Concello do Barco de Valdeorras e o R.C. Celta de Vigo que donou dúas camisetas que serán sorteadas no descanso do encontro, unha asinada por Iago Aspas (sobriño de Cristóbal que xoga nas filas do Barco) e outra por todos os xogadores do club celeste.

Na presentación, que tiña lugar na tarde do 9 de febreiro, estiveron presentes o concelleiro de Deportes do Barco, Aurentino Alonso; a presidenta do CCA O Barco, Sandra Moldes; o presidente do C.D. Barco, Daniel Ramos; e o presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, que viñera a visitar á directiva do club barquense porque “O Barco é unha realidade moi impotante para Galicia”. “Sabemos”, dixo Louzán, “do esforzo que están a facer, especialmente pola ubicación xeográfica, e creo que merecían que tanto eu como o vicepresidente e o delegado estiveramos con eles para contrastar as dificultades que están a vivir, como en todos os clubs de Galicia pero de xeito especial este club, polo que reiteramos a nosa felicitación polo traballo, adicación e entrega”, desexándolle sorte na campaña “que demostra unha perfecta sintonía entre o comercio, o club e o concello para levar adiante iniciativas que buscan a implicación popular no mundo do deporte”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button