O Barco é unha das vilas galegas que se sumaban neste venres 20 de setembro á “Noite Violeta”, unha convocatoria realizada polo colectivos feministas en máis de 200 localidades de todo o Estado tras a declaración da Emerxencia Feminista proclamada en Alicante o pasado 20 de agosto.
“Desde o Concello do Barco queremos manifestar o noso apoio á convocatoria do movemento SOS emerxencia feminista: A noite será violeta”, sinalan dende esta administración local. Un apoio que se plasmaba na iluminación en cor violeta do edificio do concello vello durante a noite deste 20 de setembro.
Fotos: A.R.