CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O concerto de ‘La Edad de Oro del Pop Español’ prato forte da XXIV Festa de La Cabrera

A romaría celebrarase mañá en Nogar, no concello de Castrillo de Cabrera

Os músicos de La Edad de Oro del Pop Español.

 

A comarca leonesa de La Cabrera prepárase para celebrar a súa tradicional festa, unha das máis vinculadas á terra, sinónimo de tradición e de costume, cuxa organización, recae neste 2022 no Concello de Castrillo de Cabrera.

Así, a XXIV ‘Fiesta de la Cabrera’ terá lugar este sábado 9 de xullo na localidade de Nogar. Os festexos arrancarán ás 12h. coa recepción de autoridades para a lectura do pregón a cargo de Eduardo Morán, presidente da Deputación Provincial de León.

 

 

Pola tarde a música será a gran protagonista. Primeiro cos sons tradicionais cabreireses, de seguido coa actuación da orquestra La Dimensión e xa pola noite o prato dorte: o concerto de La edad de Oro del Pop Español.

O grupo está formado por Pablo Perea (La Trampa); Rafa Blas (gañador da 1ª edición de La Voz); Patricia Aguilar (Tu cara no me suena, todavía); e Javian (Operación Triunfo 1). Ao finalizar, sesión de discoteva móvil.

Durante todo o día haberá servizo de bar e restaurante a cargo de Mantesil.

 

Artigos relacionados

Back to top button