CulturaCulturaEn portadaGalerías de fotosMúsicaÚltima horaVídeos

O “Concerto de Outono” do Orfeón Valdeorrés enche de música o Teatro Lauro Olmo do Barco

Nel participaban, como formacións convidadas, a Coral Voces del Bierzo e a Coral Alternia de Arganda del Rey

 

O Teatro Lauro Olmo do Barco enchíase de público na noitiña do 7 de outubro con motivo do “Concerto de Outono” do Orfeón Valdeorrés, que contaba ademais con dúas formacións corais convidadas. A primeira delas en actuar era a Coral Voces del Bierzo, que dirixe Noelia Pastor Girón, que cantaba as seguintes pezas: “Ama” (Aita Donostia), “¡Ay! Linda amiga” (Popular santanderina), “El Peregrino” (Cancionero popular berciano), “O meu amor mariñeiro” (Popular gallega), “Maitia nun Zira” (Popular vasca), “Edelweis BSO” (Sonrisas y Lágrimas), “La Cucaracha” (Quirino Mendoza) e, finalmente, “Soto del Parral”.

 

Tras a agrupación berciana, subíase ao escenario a Coral Alternia de Arganda del Rey (Madrid), cuxa dirección está en mans de Pedro Delgado (que conta coa colaboración de Rosa María Moreno e de Alexander Alcántara) que poñía voz a “Barcarola” (Jacques Offenbach), “Tema de Lara” (Maurice Jarré), “La Gran Vía” (Federico Chueca), “Lascia ch’io pianga” (George Friedrich Haendel), “La vida es bella” (Nicola Piovani), “Luisa Fernanda” (Federico Moreno Torroba) e “Pange lingua”(Juan Carlos Calderón).

 

 

Despois era a formación anfitrioa, o Orfeón Valdeorrés quen tomaba o relevo. Baixo a dirección de José Ramón Mansilla, poñía voz a unha canción popular vasca de mariñeiros (interpregada unicamente polas voces masculinas) e logo a tres temas: “Volver” (letra de Alfredo de Pera, música de Carlos Gardel, arranxo para coro de Alejandro Daniel Garavano), “My way” (Claude François e Jacques Revaux ) e “Lela” (letra de Alfonso Daniel Rodriguez Castelao, melodía de Rosendo Mato Hermida e harmonización para coro mixto de José Ramón Mansilla).

 

 

Este último tema foi dedicado por José Ramón Mansilla, que neste 2023 cumpre 25 anos á fronte do Orfeón Valdeorras, aos membros actuais desta formación, pero tamén aos seus fundadores, ás persoas que pasaron por el e aos seus anteriores directores: Luis Olano e Luz María Rodríguez. Tamén lla adicaba ás corais asistentes a este concerto, de xeito especial á de Arganda del Rey.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button