Corría o ano 2000 cando o tema Sueño su boca de Raúl sonaba por todas partes. O cantante de Vitoria saltou á fama grazas ao seu paso polo concurso Eurocanción 2000, o programa co que TVE buscaba ao representante de Eurovisión para ese ano, e a partires de aí continuou coa súa carreira musical colleitando éxitos veraniegos como Prohibida, As de corazones ou Quiero.
Uns anos despois decidía retirarse temporalmente do mundo da música e non foi ata 2011 co seu álbume Contramarea cando o cantante volveu promocionarse nos medios, sen conseguir igualar os resultados do seu debut, tendo que esperar ata 2016 para presentar un novo trabajo discográfico El mundo es para tí.
Agora, dezaoito anos despois e con cambio de imaxe, o cantante vasco regresa con forza ao panorama musical. O público valdeorrés terá ocasión de escoitalo o vindeio 7 de abril en Sobradelo, no marco das Festas na honra a Nosa Señora da Encarnación que se estenderán ata o día 9.
A actuación de Raúl será a partires das 1:30 da madrugada, entre o primeiro e o segundo pase da orquestra La Ola ADN.
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.