OurenseÚltima hora

O “Concerto de Reis” da Real Banda de Gaitas de Ourense será o 7 de xaneiro no Campus universitario

Será retransmitido por streaming coincidindo coa conmemoración do centenario do Papa San Juan Pablo II

A Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense nun concerto na Catefral.

 

A Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense ofrecerá o seu tradicional “Concerto de Reis” o vindeiro xoves, 7 de xaneiro, ás 18 horas, no Campus universitario, fronte á Escola Provincial de Gaitas. O acto era presentado na mañá deste luns 4 de xaneiro no Pazo Provincial polo vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o bispo de Ourense, Leonardo Lemos, e o director da Real Banda, Xosé Lois Foxo, quen coincidiron en sinalar que este evento “cultural e musical é toda unha tradición e coincide coa conmemoración do centenario do Papa San Juan Pablo II, a quen tan vencellado estivo a Real Banda”.

Foxo explicou que o concerto estará habilitado para un aforo de 200 persoas e será tamén retransmitido por streaming, “e ten a connotación especial de honrar a san Juan Pablo II, amigo que foi da Real Banda, e ante quen actuamos en diferentes ocasións, nos anos 1989, 1995 e 1996, esta última en Castelgandolfo nun concerto que lle ofrecemos persoalmente a el”.

 

Presentación do Concerto de Reis 2021.

 

O concerto, que será presentado por Montse Estévez, comezará coa proxección dun resumo do concerto da Real Banda a Juan Pablo II, e de seguido terá lugar a mensaxe da Delegación Episcopal para a Vida Consagrada. A parte musical iniciarase cun saúdo de percusión e a continuación a Real Banda interpretará unha parte da égloga operística Pastora da Serra Sola, O cantar da Primavera, o pasodobre Pastora da Serra Sola, a xota Serra Escura, Rumba da Pastora, Ad honorem Regis summi & Santa María Estrela do día (a cargo do grupo de zanfonas da Escola de Gaitas), para seguir coas cantareiras da Real Banda, a égloga Alborada e a muiñeira de Wojtyla, rematando cos himnos Galego e de Ourense.

 

Artigos relacionados

Back to top button