CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

O Concerto de Reis do Orfeón Trivés pon o broche ao Nadal na Pobra de Trives

 

O Nadal remataba ba Pobra de Trives igual que comezara, con música. Se a Escola Municipal era a encargada de abrir o programa cun concerto o 22 de decembro, o Orfeón Trivés era o encargado de pechalo, co Concerto de Reis que na tarde do sábado 6 de xaneiro daba na Casa da Cultura.

 

 

Cun público entregado e participatico, o coro dirixido por Sandra González fixo un repaso por algunhas das panxoliñas máis coñecidas, incluíndo tamén algún tema común. Comezaban co canon Ya se oyen las campanas mentres ían subindo ao escenario e xa arriba cantaban Aguita del río, Tres Motetes, Dadme albricias, Swit Comercial Navideña (xunto a tres nenos aos que convidaron porque coñecían o tema e xa o cantaran no festival escolar) e Adeste Fideles. Xunto ao público interpretaron todos Noche de Paz, rematando unha hora de concerto co Benedicat Vobis.

 

 

Así pechaban o Nadal en casa, pero o vindeiro 13 de xaneiro aínda irán a cantar a Vilalba (Lugo) cun repertorio variado que incluirá algunha panxoliña.

 

 

Fotos e vídeos cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button