Non todas as celebracións gastronómicas poden presumir de cumprir medio século, por iso a Festa da Bica de Trives “será memorable”, aseguran dende o Concello, con propostas como unha andaina e unha subida ecuestre a Manzaneda, ademais do concerto do grupo SonDeSeu, orquestra de música folk e tradicional galega.
Será o 29 de xullo, a partir das 22:30 horas na rúa San Martín. Para este mesma xornada organizou o Concello un xantar popular, con aforo para 500 persoas no CEIP Bermúdez. Os interesados en asistir aínda poden adquirir as entradas para, demais do doce típico, degustar empanada de cachena e becerro ao espeto con guarnición. A data límite para adquirir as entradas é o 23 de xullo, na Casa Consistorial, Cafetería Sky, Bar O Cafeto, A Cantina do Cuatro e a Ferretería Medina. O prezo é de 25 euros para os adultos e 15 euros para os menores de 12 anos.
A andaina e a subida ecuestre celebrarase o 30 de xullo, con saída as 8:30 horas dende a praza do Concello.