
A música do Orfeón Valdeorras, dirixido por José Ramón Mansilla, abrirá de novo o programa de cultos da Semana Santa do Barco. Será ás 20:30h. xusto despois da misa do Venres de Dores na igrexa de San Mauro, cando esta agrupación de música coral dará un concerto neses mesmo templo. A partir de aí virá un completo programa de actos que se prolongará ata o 9 de abril, Domingo de Pascua, que presentaba está mañá o párroco do Barco, Jesús Álvarez.