ConcellosGalerías de fotosO BarcoÚltima hora

O Concurso de Maios e Coplas do Barco xa ten ganadores

 

A celebración da Festa dos Maios continuaba esta tarde no Barco co espectáculo  “Superheroe” de Fran Rei, dirixido a público familiar. Finalmente, ás 19h. facíase pública a decisión do xurado do concurso de Maios e coplas e procedíase á entrega de premios, presentada pola concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta.

Así na categoría de Maios enxebres o primeiro premio (300 euros) correspondíalle ao presentado polo CEIP Otero Pedrayo de Viloira, sendo o segundo premio (250 euros) para a Anpa Aturuxo do CEIP Julio Gurriarán, mentres que o terceiro premio (150 euros) era para o Colexio Divina Pastora, mentres que o accésit correspondíalle ao CEIP Condesa Fenosa.

No apartado de Maios artísticos (coas mesmas dotacións económicas por premios) o primeiro premio lográbao o Maio do CEIP Condesa de Fenosa, o segundo o do Colexio Divina Pastora e o terceiro recaía en Asfaval, sendo o accésit para o Grupo de Cataquese de Santa Rita. No referente a arcos florais tan só se presentaba un, por parte do Colexio Divina Pastora, premiado cun lote de libros.

Finalmente dábase a coñecer o resultado do “Voto Aberto” no que o púbico libremente podía votar ao seu Maio favorito, o que recibía un maior número de papeletas era o presentado polo CEIP Condesa Fenosa do Barco. Ademais deste premio, O Barco CCA sorteaba un vale de compra.

E, xa no concurso de coplas o primeiro premio era para o CEIP Ramón Otero Pedrayo e o segundo para a ANPA Aturuxo do CEIP Julio Gurriarán, correspondéndolle os accésits ao Colexio Divina Pastora e ao CEIP Condesa de Fenosa.

A Festa dos Maios ten sido organizada polo Concello do Barco en colaboración co Centro Comercial Aberto (CCA).

Fotos: A.R.

Ampliarase galería fotográfica dos Maios e das coplas.

Artigos relacionados

Back to top button