ConcellosÚltima hora

O condutor dun autobús escolar dá positivo á cocaína nun control da Garda Civil

 

No inicio da campaña de control sobre o transporte escolar, que está a desenvolver o Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense, nun dos controis detectouse un resultado pouco usual. “O condutor dun dos autobuses que circulaba transportando a 21 escolares de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, arroxaba nas probas desenvolvidas para o efecto, resultado positivo ao consumo de cocaína”, tal e como se informa dende a Garda Civil.

O laboratorio homologado a efectos de contraste, corroboraba posteriormente este resultado, polo que o condutor deberá enfrontarse polo menos a unha sanción administrativa de 1.000€ e a detracción de 6 puntos do seu permiso de condución, segundo indica a Garda Civil.

Desde o propio Subsector de Tráfico, a Garda Civil advírtese de que “ditas condutas son casos illados e puntuais e que o transporte escolar segue sendo a día de hoxe un dos medios de transporte máis seguros”. Con todo, e para contribuír a que esa seguridade siga en aumento, desenvolveranse controis específicos no ámbito escolar durante todo o curso académico.

Artigos relacionados

Back to top button