ConcellosSoberÚltima hora

O condutor dun tractor resulta ferido tras envorcar o seu vehículo en Sober

 

Ás 17 horas da tarde de 31 de agosto o 112 Galicia recibía unha chamada alertando de que unha persoa tivera un accidente cun tractor no monte, preto da LU-93, en Sober (Lugo). Durante a chamada, un particular indicaba que o vehículo envorcara, e que o condutor non estaba atrapado, pero si inconsciente.

De inmediato, desde o 112 Galicia puxéronse os feitos en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia, os Bombeiros de Monforte, Policía Local, Garda Civil e dos efectivos de Protección Civil de Sober.

Finalmente, os equipos de emerxencia desprazados ata a zona confirmaron aos xestores do 112 que o ferido recobrara a consciencia. Así, ao tratarse dunha zona de difícil acceso, mobilizouse o helicóptero medicalizado con base en Ourense, que tomou terra no lugar dos feitos.

Artigos relacionados

Back to top button