O Conservatorio Profesional de Música Ourense está a celebrar un festival motivo do seu 60 aniversario. Mañá, 14 de marzo, presentan, a partires das 20:30 horas no Teatro Principal de Ourense, un concerto en dúas partes. Na primeira poderase escoitar o Saxo máis electrónica con Emilio J. Vázquez Rodríguez e na segunda “Thead’s Ensemble” con Cecilia Adrián no Acordeón, María del Mar Blanco no piano, José R. Saborido no clarinete e Darío González e Marcos M. Vázquez na percusión.
Artigos relacionados
Concerto de Farsantes e paella nunha nova proposta dos ‘Tardeos’ no Bravo Lux, na Rúa
9 de Maio de 2024
Un concerto, conferencias e unha exposición, no 400 aniversario do inicio da construción do Santuario das Ermidas
2 de Maio de 2024