Na tarde do 30 de xaneiro ofrecían un concerto con motivo do Día Escolar da Paz e da Non Violencia con ata doce actuacións
Actuacións de conxuntos e de solistas e un amplo e moi variado repertorio. Sobre o escenario do Teatro Lauro Olmo do Barco celebraban os alumnos e profesores do Conservatorio e da Escola de Música do Barco o Día Escolar da Paz e da Non Violencia.
Este concerto, que enchía o auditorio barquense, comezaba cun conxunto de guitarra que interpretaba Every breath you take de Police. Despois viña outro conxunto coa coñecida peza “Imagine” de John Lennon. As actuacións continuaban con diversos instrumentistas (saxofón, percusión, frauta traveseira, trompeta, violín, piano, trombón e gaita) e, xa como broche, subíase ao escenario o Coro de Voces Brancas para cantar “La vida hermosa es” (Olga García Álvarez).
Fotos: Carlos G. Hervella.