
Esta mañá, o Consorcio de Augas de Valdeorras, a petición do Concello do Barco, vén de instalar dúas fontes provisionais para que os veciños das aldeas afectadas polos problemas de potabilidade na auga da subministración domiciliaria (pola existencia de cinzas por mor dos incendios) poidan utilizarse para aprovisionarse de auga potable.
Colocáronse dúas fontes, unha en Viloira e outra en Veigamuíños, para dar servizo aos pobos situados na ladeira onde se realizan as captacións nos arroios Mariñán e Forcadela. Aí están situadas as poboacións da Proba, Veigamuíños, Xagoaza e todos os seus barrios, Ferradal, Vilarrica, Tremiñá, O Castro, Outarelo, Forcadela, e Vilanova. No caso da outra ladeira, polo momento só está afectada a localidade de Santigoso.
Nos taboleiros de anuncios de todos os pobos onde se detectaron problemas na auga de subministración domiciliaria vaise colocar un aviso anunciando a instalación das fontes.
Tamén poden usar estas fontes os veciños doutros municipios onde hai problemas de potabilidade nos subministros como é o caso de Vilamartín, A Rúa, etc.
Estas fontes, instaladas por AquaOurense coa axuda de Viaqua, estarán xestionadas polo Consorcio, e poderán atender non só ás pedanías con problema, senón tamén ao resto de veciños da comarca que teñan restriccións nas súas subministracións de auga potable.
