CulturaCulturaÚltima hora

O Coro de Voces Brancas do Conservatorio e da Escola de Música do Barco abrirá o VII De Perto

Este concerto terá lugar o vindeiro 5 de xuño ás 20:30h na igrexa de San Xoán de Éntoma
Coro de Voces Brancas do Conservatorio e da Escola de Música do Barco durante unha actuación./ Foto cedida.

Con música encetarase a sétima edición do ciclo De Perto, que promove a Concellería de Cultura do Barco. O Coro de Voces Brancas do Conservatorio e da Escola de Música do Barco ofrecerá un concerto este mércores, 5 de xuño, ás 20:30h. na igrexa de San Xoán de Éntoma.

Esta formación musical, que dirixe Begoña Alonso, fórmaa alumnado con idades que van dos 7 aos 15 anos. No seu repertorio incluirán pezas como “Seis cancións infantís” de Jesús Guridi, “La vida hermosa es”, de Olga García Alvarez (profesora de composición do centro barquense), así como algún tema popular galego, brasileiro ou nipón. Tamén cantarán varias composicións de películas como “Los chicos del coro” ou “Frocen”. Nesta actuación estarán acompañados ao piano por José Romero.

O sétimo ciclo De Perto, que vai ser presentado este martes aos medios pola concelleira de Cultura e Educación, Margarida Pizcueta, terá o seu preámbulo musical este mércores, 5 de xuño, ás 20h30 na igrexa de San Xoán de Éntoma co concerto que ofrecerá o Coro de Voces Brancas que, dentro do Conservatorio e da Escola de Música do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button