ConcellosÚltima hora

O coro de voces brancas do Conservatorio e da Escola de Música do Barco actuará no Carballiño

Este concerto, previsto para o sábado 9 de febreiro ás 20h., xurde froito dun intercambio entre estes centros barquenses e o Conservatorio da vila do Arenteiro
Coro de voces brancas do Conservatorio e da Escola de Música do Barco, durante unha recente actuación./ Foto: Carlos G. Hervella.

O vindeiro sábado 9 de febreiro o coro de voces brancas do Conservatorio e da Escola de Música do Barco actuará no auditorio Manuel María do Carballiño a partires das 20h. No seu repertorio incluirán pezas como “Seis cancións infantís” de Jesús Guridi, “La vida hermosa es”, de Olga García Alvarez  (profesora de composición do centro barquense), así como algún tema popular galego, brasileiro ou nipón. Tamén cantarán varias composicións de películas como “Los chicos del coro” ou “Frocen”.

Este coro fórmano rapaces e rapazas con idades que van dos 7 aos 15 anos. Está dirixido por Begoña Alonso e actuarán acompañados ao piano por José Romero. Nesta actuación, froito dun intercambio entre o Conservatorio e a Escola de Música do Barco co Conservatorio do Carballiño, colabora tamén a ANPA Armonía.

 

Artigos relacionados

Back to top button