CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O Coro Santa Rita do Barco actuará mañá no certame de Vilancicos en Ponferrada

 

O Coro Santa Rita no Festival de Panxoliñas do Barco. /Foto: A.R.

 

Apenas uns días despois de actuar no Festival de Panxoliñas do Barco, o Coro Santa Rita volverá cantar, desta volta nun certame de vilancicos en Ponferrada que se celebrará mañá, sábado 23 de decembro.

Tal como explican dende o coro barquense, levan xa participando en varias edicións do certame, cada ano nun lugar. O ano pasado celebrábase na Capela da Encina e nesta ocasión será na Iglesia del Buen Pastor. Será pola tarde e contará con nove coros, todos do Bierzo sendo o do Barco o único representante galego. Actuarán en quinto lugar e interpretarán dous temas: Regalos a Jesús e Pasodoble de Navidad.

Artigos relacionados

Back to top button