Un ano máis o Coro Santa Rita do Barco actuará no “Encuentro de Canción Berciana” que celebrará a VI edición o vindeiro domingo 3 d marzo.
Será a partir das 19 horas na sede da AAVV Puente Boeza (antigo matadoiro) en Ponferrada xunto a outras catro corais: El Salvador (Toral de Merayo), Montes Aquilianos, Siloa de Dehesas e Amigos del Bierzo. O coro barquense interpretatá Mi querida Ponferrada e A Ponferrada me voy.
E unha semana despois, o sábado 9 de marzo participará no concerto solidario na Portela de Portomourisco organizado pola Asociación A Rabiosa e cuxa recadación será a beneficio da Asociación Española Contra o Cancro.