CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O Coro Santa Rita do Barco, no Corpus e nun certame de corais en San Lorenzo (Ponferrada)

O Coro Santa Rita nunha das últimas actuacións./ Foto cedida.

 

Dobre actuación do Coro Santa Rita do Barco o vindeiro sábado 8 de xuño en San Lorenzo (Ponferrada). Esta agrupación musical que dirixe Silvina Bravo desprazarase ata esta localidade berciana para cantar na misa do Corpus, prevista para as 20h., e tamén na procesión.

Despois, o Coro Santa Rita ten previsto tomar parte nun certame coral, xunto a outras agrupacións do Bierzo, a partir das 21h. Neste encontro interpretará as pezas “Los Amigos” e “Carmiña Carmela”, esta última en galego.

Dende o Coro Santa Rita amosan o seu agradecemento a esta comarca berciana por “sempre conta con nós para calquera acto que organizan”.

 

Back to top button