DeportesÚltima hora

O corredor valdeorrés Paco Bao, o máis veterano da VI Night Trail de Quiroga

Unhas 175 persoas inscribíanse nesta cita que se desenvolvía na noite do sábado 8 de xullo

 

Entre os 175 inscritos que participaban na pasada noite de sábado na VI edición da Night Trail de Quiroga estaba o atleta valdeorrés Paco Bao, do Club Adas do Barco. Os corredores fóronse achegando pola Praza España desde as oito do serán para ir recollendo os dorsais e recibir información sobre a proba.

Pasadas as dez e media da noite os participantes agrupábanse na liña de meta para iniciar a ruta de 10 kms de percorrido (había tamén outro percorrido de 20 km), que era a que seguía o valdeorrés, que os levaría ao longo do paseo fluvial pasando pola ponte do Villaverde, bordeando as beiras do río Quiroga ata A Ribeira. O último traxecto pasaría por lugares emblemáticos do noso municipio, pasando por diante da igrexa de Hospital, para subir ata O Souto, San Xulián de Arriba, Caspedro de onde os participantes puideron desfrutar dunhas espectaculares vistas nocturnas do noso municipio.

 

 

Os participantes foron chegando a liña de meta onde repoñerían forzas degustando panceta asada e bebidas frescas. Pasada a media noite tivo lugar a entrega de trofeos que correu a cargo do Alcalde de Quiroga, José Luis Rivera, do Concelleiro de Deportes, Antonio Marcos e do Concelleiro de Medio Rural, Luis Manuel Arias.

 

 

“Un marco moi bonito e pintoresco para facer a miña carreira: 680, en Quiroga, completaba los 10 kms. da VI Carrera Night- Trail Nocturna. Tocaba recoller trofeo ao ser o corredor máis veterano neste trail”, comentaba Paco Bao tras a proba.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button