Na mañá deste luns 16 de xaneiro, o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, e o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, participaban en Santiago de Compostela na entrega de premios do certame ‘I-Comercio. Idea o teu comercio’
Nesta iniciativa da Xunta de Galicia que busca “visibilizar entre as novas xeracións a importancia do comercio de proximidade e os seus retos” participaron máis de 700 alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO de 50 centros educativos das catro provincias, entre eles o CEIP Tomás Terrón Mendaña de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) que resultaba premiado na categoría dedicada a proxectos relacionados co mundo da arte, a cultura, o entretemento, a tecnoloxía e a innovación.
Os alumnos deste centro valdeorrés recibían o premio pola ‘App Autorrego’, un novidoso regador automático que se controla a través dunha aplicación.