ConcellosO BarcoÚltima hora

O CribaBus do Barco realiza 114 probas e detecta 1 positivo de Covid

 

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco vén de facer públicos os resultados das probas de antíxenos feitas neste sábado nos tres puntos móbiles para a realización de tests na provincia.

En total realizábanse 313 probas e dectectábanse 8 positivos de Covid-19 na área. Así, no punto móbil do Espazo Xove en Ourense facíanse 108 probas co resultado de 4 positivos, mentres no CribaBus do Barco eran 114 as probas feitas e detectábase 1 positivo. Finalmente no CribaBus Verín realizábanse 90 probas co resultado de 3 positivos

“Asemade houbo moita actividade nos tres puntos administrativos habilitados para a e impresión de certificados de vacinación, de negatividade, de ter superado o Covid19; tramitación dunha alta rápida no sistema para persoas con residencia fóra de Galicia, así como para a activacion da chave365”, tal e como se informa dende a Consellería de Sanidade.

Os puntos de Verín e O Barco estarán abertos tamén todos os sábados do mes de agosto e contarán cun equipo de persoal formado por dúas enfermeiras, unha TCAE e dúas administrativos.

Artigos relacionados

Back to top button