SanidadeÚltima hora

O CSIF pide que se cubran as prazas vacantes no Hospital Público de Valdeorras

Entrada principal ao Hospital Público de Valdeorras, no Barco.

 

O sindicato CSIF de Sanidade no Barco vén de emitir un comunicado de prensa no que pide á xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco que “non siga coa política de recortes e que opte por sacar a concurso as prazas libres que ten o Hospital Público de Valdeorras (HPV)”.

Dende o sindicato asegúrase que “seguen sen cobertura algunha en especialidades como Traumatoloxía, Radioloxía, Rehabilitación, Cirurxía, Dermatoloxía… derivando pacientes a outros centros por falta de persoal”.

Así mesmo o CSIF afirma que “se acaban de resolver varios procesos de OPE de varias categorías e, en concreto na categoría de matrona, non sacan ningún posto para este hospital, para poder dar estabilidade ao paritorio, sabendo o difícil que é cubrir esta especialidade, polo déficit deste persoal”.

Tamén sinala que “o persoal conta con 6 matronas para cubrir as gardas de presenza física, 3 das cales son temporais e a xerencia non mostra interese por estabilizar a súa situación ao non ofertar no proceso de OPE ningunha praza”.

Artigos relacionados

Back to top button