
O Club Tenis Rúa, que milita na categoría de Primeira División, está de noraboa. Despois de derrotar nas dúas últimas xornadas da fase regular ao USC “B” de Santiago por 5 a 2 e ao Club Tenis Muimenta por 5 a 1, xogará a fase de ascenso á División de Prata da liga galega absoluta de tenis.
“Despois de dous ascensos nas dúas últimas tempadas, de Terceira a Primeira División, o obxectivo este ano era manternos nesta categoría polo que estamos moi contentos de xogar a fase de ascenso”, asegura capitán do club rués, Diego Blanco, que por primeira vez conta cun equipo filial.
De feito, o Club Tenis Rúa “B”, está inmerso na liga en Terceira División, disputando os partidos “fundamentalmente xogadores de categoría alevín formados na Escola Municipal de Tenis da Rúa”, destacan.
