SanidadeÚltima hora

O curso 1º A do CPR Sagrado Corazón de Celanova, premiado no Concurso “Clases sen fume”

Resultou galardoado no apartado ao mellor eslogan, con “Fai unha boa elección ao saír do cascarón”
O conselleiro de Sanidade, no acto de entrega de premios do concurso “Clases sen fumes”.

Evitar o inicio do consumo de tabaco nas mozas e mozos galegos, ou, cando menos, atrasar a idade dese inicio. Este é o obxectivo do concurso “Clases sen Fume”, que organiza a Consellería de Sanidade, a través da súa Dirección Xeral de Saúde Pública, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Un total de 3.123 escolares (de 137 aulas), procedentes de 40 centros diferentes de toda Galicia, participaban nesta edición que culminaba este 12 de xuño co acto de entrega premios, presidido polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, quen felicitou aos escolares e aos seus titores que, ao longo de seis meses, traballaron en distintas actividades para coñecer por eles mesmos os beneficios que conleva non iniciarse no consumo do tabaco. Sinalou, ademais, a imaxinación e o bo facer nas actividades realizadas polos escolares.

Nesta edición resultaba premiado na categoría de mellor eslogan (“Fai unha boa elección ao saír do cascarón”) o curso 1º A do CPR Sagrado Corazón de Celanova (Ourense). O primeiro premio de actividade creativa (“Ti decides”) foi para 2º C do IES de Poio (Pontevedra).

Artigos relacionados

Back to top button