OurenseÚltima hora

O CV Aceites Abril de Ourense cae ante un potente Voleibol Sanse

O equipo ourensán ocupa agora a cuarta posición da primeira división nacional

Un momento do partido disputado en Ourense.

 

O partido disputado na mañá do domingo 10 de novembro no polideportivo ourensán de O Pompeo entre o Aceites Abril e o Voleibol Sanse madrileño “foi todo un espectáculo ao que contribuíron os dous equipos con accións dignas dun voleibol de superior categoría, e co triunfo final para as visitantes que demostraron ser un dos máximos favoritos para o ascenso de categoría ao final da tempada”, explican dende o club ourensán.

O primeiro set foi un toma e daca con accioóns espectaculares tanto en ataque como en defensa e con constantes bloqueos na rede que facían de cada punto “unha oda ao bo xogo” ata chegar ao 25/21. O segundo set seguiría o mesmo guión ata o 15 a 13 a favor do Aceites Abril que a partir de aí empezou a encadenar erros que e o levaron a perder por 17-25. O terceiro set foi un calco do segundo, co equipo local collendo vantaxe ata o 15-13 e volvendo acusar o cansancio con novos erros defensivos que acabaron no 18-25. E xa no último set o protagonismo foi para as xogadoras xuvenís que “disputaron puntos de calidade fronte a unhas madrileñas que demostraron en O Pompeo ser un equipo de superior categoría”.

Con este resultado o CV Aceites Abril pasa a ocupar a cuarta praza dunha liga na que ten como gran obxectivo “a permanencia un ano máis nesta primeira división”.

Artigos relacionados

Back to top button