DeportesÚltima horaXadrez

O CX Valdeorras empezará a impartir clases de xadrez no Barco en outubro

 

Despois do éxito acadado o pasado curso na Rúa, o Club de Xadrez Valdeorras traslada para este ano as clases de xadrez a O Barco ampliando horario e duplicando prazas “para difundir este deporte entre a mocidade da comarca”, adiantan. Así, para este ano, os grupos de clases serán dous: por unha banda, o alumnado de primaria, que terá clase tódolos martes de 17h a 18h; e, pola outra, o alumnado de secundaria, que terá clase tamén os martes pero en horario de 18h a 19h.

“O CX Valdeorras duplica así o numero de prazas ofertadas pasando de 12 a 24. Ademais, coa aparición do segundo grupo, as clases poderanse axustar mellor ao nivel do alumnado permitíndolle progresar mellor sen importar o nivel co que comecen”, indican dende esta entidade deportiva.

 

 

 

As clases terán lugar no número 6 da rúa Academia Dequidt (enriba da biblioteca municipal do Barco) e iniciaranse o 3 de outubro. As persoas interesadas poden inscribirse en horario de tarde nos seguintes números de teléfono: 698 17 14 21 (Iago) e 629 24 30 41 (Nardo).

O club non prevé clases de momento para persoas adultas, pero recorda que calquera persoa afeccionada a este deporte pode poñerse en contacto e unirse ó club a través dos mesmos números de teléfono, do email do club (xadrezvaldeorras@gmail.com) ou do seu Instagram (@xadrez_valdeorras).

Artigos relacionados

Back to top button