En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O delegado do Goberno presenta no Barco a obra de circunvalación aprobada no Consello de Ministros

Dos 63,6 millóns de euros totais do proxecto, dous están incluídos nos presupostos do Estado para 2019

Un dos puntos clave polos que pasará a futura vía de conexión N-536 e N-120 entre Sobradelo e O Barco de Valdeorras, servíu ao delegado do Goberno Javier Losada para presentar, na mañá do 17 de xaneiro, a demandada circunvalación, aprobada en decembro no Consello de Ministros e licitada xa no BOE.

Acompañado polo alcalde do Barco Alfredo García, polo xefe de Demarcación de Estradas Ángel G. del Río e polo director da obra Constantino Pato, Losada asegurou que “estamos poñendo en marcha un compromiso que supón a mellor resposta aos que poñen en dúbida o compromiso do Goberno con Ourense e son críticos cos presupostos”. Losada insistíu en que é agora cando este proxecto “que fora anunciado unha e mil veces” farase realidade, grazas “ao esforzo do alcalde, da Demarcación de Estradas e ao compromiso do Goberno de España e Pedro Sánchez que decidiu sacar a obra do caixón no que estaba”.

Estamos a falar dunha obra presupostada en algo máis de 63 millóns de euros que comezará a executarse cos dous millóns aprobados para este ano 2019. “É unha nova importante polo investimento que supón para a zona, pola riqueza que traerá a realización das obras pero sobre todo por dar solución a un problema moi importante de tráfico pesado que ten esta zona. E todo cun proxecto construtivo moderno, respetuoso co medio ambiente e coa zona na que está”, dixo o delegado, felicitando ao alcalde pola súa “tenacidade”.

 

Datos técnicos da obra.

 

Pola súa banda, Alfredo García, adiantou que despois da licitación, hai seis meses para a adxudicación da obra co cal “no mellor dos casos comezarán despois do verán porque hai que ser realistas e repectar os tempos”, asegurando que por cartos, deseño e dificultades técnicas, “é a obra máis importante que se levou a cabo nesta comarca e no Barco en concreto, sendo fundamental xa que nos paralizaba o modelo de cidade que queremos e que comezamos a plantexar en canto vimos que ía pra adiante”. Alfredo tamén aproveitou a ocasión para dicir que “os presupostos para Valdeorras son bárbaros por esta obra e outras cousas, así que non temos máis que dar as grazas”.

O obxecto das obras é dotar dunha conexión rápida e segura ás éstradas N-536 e N-120 nas proximidades do Barco de Valdeorras que sirva ademais como variante de poboación para evitar o frecuente paso dos camións de lousa das canteiras próximas e resto de vehículos polo núcleo urbano. Cunha alta complexidade técnica, segundo os responsables da obra, o tramo ten unha lonxitude aproximada de 5,6 km. e comporase de dúas partes diferenciadas: un primeiro subtramo de 3,3 km, que é un acondicionamento e mejora da 536 desde Sobradelo; e un segundo subtramo de 2,3 km. de nova construción, que conectará coa N-120 mediante dous viaductos e un túnel. No trazado proxéctanse un total de 10 estruturas: 5 viaductos (destaca un sobre o río Sil e outro sobre o río Cigüeño), 4 pasos superiores e1 paso inferior, e 1 túnel baixo O Serro. Tamén contempla dous nudos, o segundo xa deseñado para aloxar o paso da sección da futura autovía A-76 Ponferrada-Ourense. O proxecto, inclúe a creación dun paseo peonil e un carril bici.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button