PolíticaÚltima hora

O deputado valdeorrés Eduardo Ojea urxe á Xunta a iniciar a mellora da OU-533 (A Rúa-A Gudiña)

Salienta no Parlamento galego a importancia da vía como saída natural de Valdeorras cara Vigo, Madrid e a Portugal

O deputado valdeorrés do PSdeG-PSOE Eduardo Ojea, na Cámara galega./ Cedida.

O deputado socialista Eduardo Ojea vén de presentar unha pregunta oral no Pleno do Parlamento de Galicia para reclamarlle á conselleira de Infraestruturas que poña en marcha as obras de mellora da estrada OU–533 que une A Rúa e A Gudiña. Esta vía de comunicación constitúe “a saída natural de Valdeorras ata Portugal ou a Madrid e Vigo”, destaca.

Salienta a importancia da estrada “tanto para os valdeorreses como para os nosos veciños do Bierzo”, ademais de comunicar coa estación de AVE de A Gudiña, co que “o incremento na mobilidade por dita estrada fai que necesite dun arranxo importante”. Sinala que “por enriba de todo dende Viana ata A Gudiña o trazado necesita dun terceiro carril polo perigo que implica, curvas continuas e sen beiravía ao longo dos 10 quilómetros que separan das dúas localidades”.

Explicou que “a mellora contribuirá ao reequilibro territorial dos municipios da súa influenza ante a posta en servizo da nova estación do AVE”, ademais de que “suporá a mellora das comunicacións dos concellos da zona oriental de Ourense con Madrid pola A-52 e tamén coa fronteira portuguesa”. Alertou da “falla de resposta da administración diante dunha necesidade perentori”.

Artigos relacionados

Back to top button