DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Descenso do Sil conquista ao público

Multitude de persoas seguían esta proba de piragüismo dende a saída ata a meta

Un dos referentes do Descenso do Sil é, sen dúbida, o seu público. E, unha edición máis, vén de demostralo. Comezando xa polo tren fluvial, que chegaba ao punto de saída da proba abarrotado. Os viaxeiros descendían do tren na tarde do 15 de setembro e dirixíanse inmediatamente ata a zona da que partía a competición, baixo a ponte de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras). Alí comezaban a darse as saídas das diferentes categorías ás seis da tarde.

A partir de aí os case 400 padexeiros desta 52ª edición atopábanse un río cheo de persoas, tanto nas beiras do Sil, como en lanchas ou metidos na auga e animando. Especialmente concurrida, ademais da saída, estaba a zona do Cachón, nas Casas Baratas (O Barco), onde pode verse unha espectacular zona de rápidos.

Tamén dende a Ponte de San Fernando ou mesmo dende a pasarela que conecta a zona antiga do Barco con Viloira e, por suposto, na meta do Malecón eran multitude as persoas de todas as idades que seguían o paso dos deportistas. Despois, moitas delas sentábanse nas terrazas do Malecón para tomar algo e facerlle fronte a intensa calor, agardando á entrega de premios.

Artigos relacionados

Back to top button