ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O desfile de Carnaval do Barco ponlle cor a unha tarde chuviosa

Unha vintena de comparsas saían dende as proximidades do hospital e percorrían a vila ata a praza Maior

Disfraces, comparsas, música e moito humor contra a chuvia. O Barco plantáballe cara ao mal tempo neste Martes de Entroido cun desfile que se iniciaba ás cinco e media da tarde fronte ao Hospital Comarcal Valdeorras. Dende alí, e precedidas por música da charanga Europa, saían unha vintena de comparsas entre as que non faltaban as de diversas asociacións e centros escolares.

Había recreacións do conto de Carrapuchiña Vermella, deportistas olímpicos e non olímpicos, bufóns, personaxes de debuxos animados, hippies, pallaos, muíños de vento, músicos de diversos estilos, motoristas, tailandesas, músicos e bailaoras de flamenco… Esta comitiva carnavalesca pechábaa o folión Os Viticultores (Vilamartín) e nela tamén tocaba a charanga Os Imparables.

Fotos: Beltrán Alonso.

Máis fotos na seguinte galería:
https://osil.info/o-desfile-do-martes-de-entroido-no-barco-en-fotos/

Artigos relacionados

Back to top button