ConcellosO BoloÚltima hora

O director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, asistirá á xornada “400 anos das Ermidas: historia dun santuario”

Será mañá, sábado 25 de maio, ás 17 horas no Santuario das Ermidas (O Bolo)

O director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles.

 

Mañá, sábado 25 de maio, celebrarase unha das actividades conmemorativa dos 400 anos do inicio de construción do Santuario das Ermidas, organizadas dende o Concello do Bolo para dar a coñecer e promocionar este edificio singular protexido como BIC (Ben de Interese Cultural dende o ano 2006), exemplo espectacular do barroco galego e peza única na comarca ourensá de Valdeorras.

Trátase dunha xornada de conferencias “400 anos das Ermidas, historia dun santuario” que se desenvolverá na capela a partir das 17 horas. A inauguración do acto contará co director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo.

Despois será o turno das disercións. Isidro García Tato, historiador e investigador do CSIC fara unha “Aproximación á historia do Santuario de Nosa Señora de As Ermidas. Baluarte da fe, centro de cultura e meta de peregrinación”; Miguel Ángel González, arquiveiro da Diócese de Astorga falará sobre “As Ermidas un santuario en terras do Bibei: achegamento a súa historia, arte e relixiosidade”; e Beatriz Hermida e Tomás Valentem arquitectos do Plan Director do santuario, falarán sobre as actuais obras de rehabilitación do edificio. O evento tamén contará cunha homenaxe ao historiador Antonio Castro Voces falecido este ano e autor de libros como El Santuario de As Ermidas; estudio histórico-relixioso y educativo 1624-1990 (IEV, 1999).

Artigos relacionados

Back to top button