ConcellosEn portadaO BarcoÚltima hora

O director do Orfeón Valdeorrés, pregoeiro do Nadal no Barco

José Ramón Mansilla lerá o pregón o vindeiro sábado 17 de decembro ás 19h. na igrexa de Santa Rita

 

O director do Orfeón Valdeorrés, José Ramón Mansilla./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende a parroquia do Barco vén de darse a coñecer o programa de actos para este Nadal. Os actos abriranse o vindeiro sábado 17, ás 19h con misa e panxoliñas, ademais lerase o pregón de Nadal a cargo, nesta ocasión do director do Orfeón Valdeorrés, José Ramón Mansilla.

Ao finalizar a misa terán lugar unha serie de actuacións coa participación dos nenos da catequese, así como de alumnos do Colexio Divina Pastora do Barco, do Coro de Santa Rita, do Coro de San Mauro e, xa pechando este concerto de panxoliñas, do Orfeón Valdeorrés, tal e como sinala o párroco do Barco, Jesús Álvarez.

Ademais o domingo 18 na misa das 12,30h bendeciranse as imaxes do Neno Xesús que traian os nenos e as súas familias. Xa o domingo 25 de decembro, día Nadal, na misa das 12:30h cantarán os nenos da catequese.

Tamén está prevista a entrega de xoguetes, por parte de Cáritas, a familias na véspera de Reis.

 

Imaxe do pregón do Nadal o pasado ano na parroquia do Barco./ Foto: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button