O documental “As Covas de Valdeorras”, de 30 minutos de duración, proxectarase no Teatro Lauro Olmo do Barco o sábado 2 de setembro ás 19 que xunto con otros documentais para pechar a 32 Semana de Cine coa actividade “O Barco en curto”.
A través deste documental, promovido pola Ruta do Viño de Valdeorras, preténdese facer memoria e dar a coñocer a historia das covas, uso e tipos, recopilando nesta peza audiovisual o patrimonio material e inmaterial de Valdeorras, ademais de mostrar o seu potencial turístico apelando o seu carácter único e diferenciador.
Para realizar este traballo contouse co relato coral de adegueiros, coveiros e diferentes persoas vinculadas ao viño e maila comarca.