En portadaÚltima hora

O DOG publica a orde pola que O Barco pasa a nivel máximo de restricións e Vilamartín ao medio

Neste xoves 22 de xullo vén de publicarse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 22 de xullo de 2021 da Consellería de Sanidade “pola que se prorroga e se modifica a Orde do 25 de xuño de 2021, pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia”.

Nesta orde recollécese a decisión do Comité Clínico de ascender ao nivel máximo de restricións os concellos do Barco de Valdeorras e Sanxenxo, polas súas taxas axustadas a 7 e 14 días; e aos concellos da Pobra do Caramiñal, Boiro, Cambados, Meaño e O Grove, polas súas taxas axustadas a 7 días. “En todos estes concellos, agás no de Cambados, o aumento da incidencia comeza a observarse a partir do 5 de xullo, que pasa de taxas a 7 días de 22,3 (O Barco de Valdeorras), 17,2 (Sanxenxo), 17,2 (A Pobra do Caramiñal), 37,1 (Boiro), 75,2 (Meaño) 66,6 (O Grove), a taxas de 685, 1.148,5; 901,5; 1000,8; 901,9 e 751,1, respectivamente, o 19 de xullo”, tal e como recolle o DOG.

Tamén se matiza na orde publicada no DOG que “respecto do concello do Barco de Valdeorras, a incidencia comezou a aumentar desde principios de xullo, a raíz dun abrocho orixinado nun establecemento de lecer nocturno que dá conta de 70 casos e cuxo caso fonte é importado dunha provincia de fóra de Galicia. O aumento da incidencia coincide co regreso dos estudantes e o aumento de relacións entre eles. Ademais, teñen identificados cinco abrochos familiares, dos que dous afectan a familia estendida e non só o núcleo familiar de convivencia estable”.

Por outra banda, tamén cambia de nivel na comarca de Valdeorras o concello de Vilamartín, que pasa a nivel medio.

Nesta orde tamén se establecen as restricións que entrarán en vigor a partir das 00h. do 24 de xullo en cada un dos concellos galegos segundo o nivel no que se atopan e que implican cambios, por exemplo, no relativo ao sector da hostalaría e restauración.

Cada un destes cambios pode consultarse no DOG que pode verse aquí:

AnuncioC3K1-220721-7_gl

 

 

Artigos relacionados

Back to top button