EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

O dúo Jazz Reflections soaba na cova da Adega Joaquín Rebolledo da Rúa

 

O jazz volvía converterse en protagonista un verán máis na cova da Adega Joaquín Rebolledo da Rúa. Neste escenario tan especial, construído para a conservación do viño, desenvolvíase a partir das 20h. deste venres un concerto do dúo Jazz Reflections, formado por Alejandro Fírvida (pianista) e por André Outumuro (saxofón).

https://youtube.com/shorts/rbD-oyECLXE?feature=share

Despois da actuación, os asistentes desfrutaban dunha cea, acompañada de viños, nos xardíns da adega. O prezo da entrada incluía tamén a cea.

A iniciativa estaba promovida pola adega ruesa e pola Fundación Vicente Risco de Allariz.

Imaxes cedidas, agás as 5 últimas que son de Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button