CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O dúo ourensán Farsantes pecha este xoves os ‘Terraceos de Verán’ en Trives

Farsantes nun concerto en Vilanova (O Barco) a comezos de agosto.

 

Da man do dúo ourensán Farsantes chega este xoves ao final o ciclo ‘Terraceo de verán’, que organizan Cervexería Boliche e A Cantina do Catro, na Pobra de Trives.

Farsantes nace como alternativa á banda de versións En mala hora. Segundo conta David Quintas, un dos compoñentes, axiña se decataron “da sinerxia que se creou con este dúo” e decidiron “diferencialo da banda de versións e facer algo máis exclusivo”.

Composto por Toño Varela (guitarra e voz) e David Quintas (guitarra e coros), Farsantes fai un repaso en acústico polos clásicos do pop rock, incluíndo temas de música moderna. Así, no repertorio de case dúas horas pódese atopar desde temas de Serrat ou Juan Perro ata versións de formacións máis modernas como Morgan, Leiva ou Fito e Fitipaldis. Un enérxico repertorio que interpretarán este xoves 25 de agosto na praza Doutor Paz, a partir das 22 horas.

 

Artigos relacionados

Back to top button