ConcellosÚltima hora

O emprendemento xuvenil no rural, eixo dun intercambio internacional en Santiago de Peñalba

A iniciativa, que terá lugar do 21 ao 26 de outubro, está promovida por Valdeorras Vive e pola asociación estonia Ethos MTÜ

 

A Asociación Xuvenil Valdeorras Vive promoverá o vindeiro mes de outubro un novo intercambio xuvenil inteternacional a través do programa Erasmus+. “Buscamos participantes para un encontro que terá lugar o próximo mes en Peñalba de Santiago (do 21 ao 26 de outubro), na provincia de León. A temática é o emprendemento xuvenil no rural e contaremos cun total de 12 mozos de Estonia e do noso país”, adiantan os promotores da iniciativa.

O intercambio suporá cinco días de convivencia en Peñalba e inclúe obradoiros de inglés, actividades ao aire libre e “casos prácticos reais nun ámbito de educación non formal. Visitaremos algúns dos lugares máis emblemáticos do Bierzo como o Pazo de Canedo para inspirar á mocidade tanto de Estonia como da nosa rexión”, explican dende Valdeorras Vive.

 

 

O intercambio xuvenil está organizado pola asociación estonia “Ethos MTÜ” e “Valdeorras Vive”, e financiado polo programa Erasmus+. Todos os gastos están cubertos para os participantes (viaxes, aloxamento, comidas e actividades).

Artigos relacionados

Back to top button